
METODOLOXÍA INNOVADORA
Baseada na aprendizaxe activa, que en combinación con ferramentas do Design Thinking, promoven a identificación e exploración de problemáticas e retos, ideando posibles solucións, creando prototipos, testeándolos e planificando o seu deseño e implantación. Durante todo o proceso empréganse ferramentas e técnicas para o desenvolvemento das competencias e habilidades do século XXI.
RETOS PERSONALIZADOS
Os Garaxes de Ideas parten dun reto, eixo central para o desenvolvemento dos proxectos. Estes retos son personalizados en cada Garaxe realizado. Segundo a duración do evento (40, 20 ou 8 horas) profúndase máis ou menos nas diferentes fases da metodoloxía. E nas versións estendidas haberá tempo para actividades extra tipo talleres, charlas, etc… de diferentes temáticas.
PERSONAL EXPERIMENTADO
O noso equipo conta cunha gran experiencia na facilitación de procesos de aprendizaxe. Todo o proceso no seu conxunto converte os Garaxes de Ideas nunha experiencia única para as e os participantes, guiando aos grupos cara á autonomía na organización e toma de decisións para o desenvolvemento das súas propias ideas e proxectos.
Empoderamento e cooperación
O Garaxe de Ideas permite desenvolver proxectos propios baseados no coñecemento aberto e accesible.
Fomenta a adquisición de competencias de base innovadora, emprendedora e tecnolóxica, relacionadas co pensamento computacional, lóxico-matemático e de resolución de problemas de maneira creativa.
Poñerán en xogo ademais, todas as habilidades e competencias necesarias para o traballo en equipo, o pensamento crítico, a capacidade de liderado, a toma de decisións, a organización e xestión de proxectos, entre outras, todo iso nun ambiente lúdico e motivador.
Todo o proceso axudaralles no seu futuro, outorgándolles as ferramentas necesarias para adaptarse aos cambios desde unha perspectiva participativa, crítica e de cooperación.

“Lo que más me gustó fue la construcción del prototipo, el equipo de facilitadoras y coordinadoras e el compañerismo”
“Gracias por la labor tan bonita que hacéis con los niños. Hemos disfrutado mucho con las presentaciones conociendo sus proyectos. Los chiquillos con ganas de repetir.”
“Me aportó aprender a trabajar en equipo, conocer gente y nuevas técnicas para hacer proyectos”
“Creo que los niños tuvieron una experiencia fabulosa trabajando en equipo y creando soluciones a problemas que bajo otras circunstancias nunca hubiera sido posible. La participación y ayuda de los monitores fue clave para que la experiencia fuese satisfactoria. Muy buena labor. ¡Felicidades!”
“Mi hijo ha disfrutado de una actividad bastante diferente a las que se ofrecen. Estoy super satisfecha, repetiré sin duda!”
