
ASESORAMENTO
Se tes un novo proxecto para a túa aula ou o teu centro axudámosche e asesoramos para que se leve a cabo con éxito.
Xa sexa un proxecto de novas tecnoloxías, transformación de espazos de aulas, reestruturación de ambientes, cambios metodolóxicos, organizativos…
Cóntanos a túa idea!
Todo o equipo de profesionais que colabora con Dismedia axuntarán forzas, experiencia e coñecementos para realizalo con éxito.
INSTALACIÓN
Para aqueles proxectos que requiren tarefas de instalación no centro axudaravos o noso equipo técnico. Tras unha visita inicial e o noso asesoramento especializado comprometémonos a realizar os traballos de forma profesional e flexible, adaptándonos ás necesidades e requirimentos do centro:
- Implementación de solucións multimedia
- Audiovisuais
- Redes
- Telecomunicacións
- Videoproxección
- Videoconferencia
- Transformación de espazos
- Iluminación
- Impresión

MANTEMENTO
Devolve aos teus equipos eficacia e rapidez.
Avaliamos o equipamento existente nunha auditoria previa para propoñer un plan de mellora e mantemento o máis axustado e personalizado posible.
- Pack Dismedia: revisión hardware, optimización sistema operativo e limpeza de temporais e malware.
- Pack Dismedia +: inclúe o pack Dismedia e optimización de rede e limpeza de virus.
Personaliza os packs segundo as túas necesidades: frecuencia, número de equipos…

ALUGUEIRO
Alugamos todo tipo de equipamento audiovisual para eventos puntuais, substitucións de equipos deteriorados durante a súa reparación, etc…
Vídeo proxectores, audio portátil, pantallas de proxección, sistemas interactivos, etc..
Consúltanos dispoñibilidade!