“Un neno, un profesor, un lapis e un libro poden cambiar o mundo. A educación é a única solución.”

Malala Yousafzai.

Contamos cun equipo interdisciplinar formado por mestr@s, pedagog@s e informátic@s cunha ampla experiencia en innovación.

Recollendo unha historia familiar cunha experiencia de máis de 20 anos no campo das novas tecnoloxías en educación, hai algo máis de 10 anos rediriximos os nosos obxectivos e filosofía. Nestes últimos anos desenvolvemos proxectos relacionados coa innovación educativa, as metodoloxías activas e o coñecemento aberto.

Realizamos proxectos educativos para centros, formación para persoal docente e investigador, talleres, charlas e conferencias, congresos, etc.

A nosa misión é ser axentes facilitadores do cambio de paradigma educativo, para que l@s nen@s e mozas de hoxe desenvolvan as capacidades necesarias para a sociedade do século XXI. En definitiva, contribuír a mellorar a educación para conseguir un mundo mellor.

Nosos traballos Dismedia

OS NOSOS TRABALLOS

Dismedia é unha empresa de innovación educativa con sede na cidade da Coruña.

Dismedia é unha empresa de innovación educativa con sede na cidade da Coruña.

O noso obxectivo é ser facilitadores do cambio de paradigma educativo e, para iso, levamos 10 anos desenvolvendo diferentes proxectos en colaboración con entidades sociais, centros educativos e empresas.

Coñece os nosos traballos

Chamámoste

Déixanos os teus datos e dinos cando che vai ben que nos poñamos en contacto para falar da túa idea ou das necesidades que ten o teu proxecto educativo.

Grazas pola túa mensaxe: xa foi enviada
Houbo un erro en enviar a túa mensaxe. Téntao de novo pasados uns minutos.