Nos nosos talleres  Enxeño Labs by Dismedia desenvolvemos proxectos STEAM para traballar de forma divertida as ciencias, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas.

A metodoloxía está deseñada para favorecer:

  • O traballo en equipo

  • A toma de decisións

  • O reforzo de competencias clave e valores sociais

  • A creatividade

  • A resolución de problemas

  • O  pensamento crítico.

Son unha excelente forma de iniciar proxectos de máis envergadura. Ou ben para iniciarse na práctica de Metodoloxías activas na aula (Aprendizaxe Baseada en Proxectos, Aprendizaxe Baseada en Problemas,  Gamificación, etc.)

En todos os nosos  Enxeño  Labs  by  Dismedia  l@ s  alumn@ s terán que superar retos nos que crearán os seus propios prototipos levando ao máximo a súa creatividade.

Arte, Electrónica, Música, Programación, Robótica, Deseño, Xogo e moito máis!

Na nosa versión para docentes, ademais de realizar e superar os retos propostos, veremos como trasladar todas estas actividades ao currículo e como podemos incluír proxectos deste tipo na programación didáctica.

  • Bot& Roll

  • Robopintor

  • Smash& Bot

  • E moitos máis…

A programación e a robótica educativa son o perfecto recurso didáctico para que os teus alumnos aprendan de forma creativa diferentes materias. Desenvolvan competencias clave e experimenten novas formas de aprendizaxe de forma lúdica.

Fomenta a iniciativa e a motivación dos teus alumnos, eles serán os que queiran aprender máis e achegar ideas, traballar valores e competencias.

Promove a cultura, o coñecemento libre e estimula a filosofía do movemento maker.

Chamámoste

Se queres máis información sobre os nosos talleres, déixanos os teus datos e dinos cando che vén ben que nos poñamos en contacto para falar.