Durante o mes de novembro impartimos unha completa formación de robótica para os cursos de 5o e 6o do CEIP Plurilingüe Ría Do Burgo.
Os estudantes formáronse en tecnoloxía creativa, desenvolvemento de proxectos STEAM e programación con wedo 2.0 e Mbot. Comezamos as sesións familiarizándonos cos compoñentes básicos de cada un dos robots e as súas posibles funcións.
O alumnado de 5o construíu Milo e coñeceron os diferentes usos e programacións do motor e dos sensores, para posteriormente embarcarse nun sinxelo proxecto e rematar cun proxecto máis complicado.
O alumnado de 6o descubriu as posibilidades de programación de cada un dos bloques e os seus compoñentes. Resolveron retos que comezaron sendo sinxelos e pouco a pouco fixéronse máis complicados ata chegar a proxectos de programación dun segue-liña e detector de obstáculos.
Para Dismedia foi un pracer impartir estes obradoiros, estamos seguros que nestes grupos de traballo xurdirán grandes ideas e proxectos.
Esperamos voltar pronto!