Desenvolvemos proxectos para impulsar a innovación na educación

Desde Dismedia impulsamos proxectos adaptados para cubrir as necesidades educativas diferentes. Desenvolvemos proxectos propios baseados no coñecemento aberto e accesible.Consulta os proxectos que temos actualmente.

Enxeño Labs

Nos nosos talleres  Enxeño Labs by Dismedia desenvolvemos proxectos STEAM para traballar de forma divertida as ciencias, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas.

A metodoloxía está deseñada para favorecer:

  • O traballo en equipo
  • A toma de decisións
  • O reforzo de competencias clave e valores sociais
  • A creatividade
  • A resolución de problemas
  • O pensamento crítico.
Imaxina Coruña

O programa nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador e servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando as disciplinas STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) coa finalidade de contribuír a resolución dun problema real da sociedade.

Feiras de ciencia

Dismedia organiza e asiste a feiras educativas deseñados para fomentar o interese e a participación de rapaces e rapazas no ámbito da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería, a arte e as matemáticas (STEAM). Estes eventos buscan promover a aprendizaxe práctica e o pensamento crítico, permitindo aos participantes explorar conceptos científicos e tecnolóxicos a través de proxectos creativos e innovadores.

InLab

Un espazo de encontro, aprendizaxe e colaboración para a creación de proxectos por mor de retos ou problemas propostos. O proceso levado a cabo de forma participativa, fomenta as habilidades e competencias necesarias para o s. XXI, tales como a innovación, a creatividade, o pensamento crítico, a comunicación, a resolución de problemas, etc.