EnxeñoLabs By Dismedia, o noso proxecto de tecnoloxía creativa e robótica educativa, comezou este mes de outubro. O alumnado tivo o seu primeiro contacto con algúns robots e placas e os seus compoñentes electrónicos. Tamén coñeceron a Dismedio, a nosa mascota, e programárona para que cante, baile e camiñe por Enxeñoland.
Os proxectos do Lab I estiveron vencellados á música durante este mes, polo que ademais de familiarizarse cos diferentes instrumentos musicais puideron crear unha máquina de son, unha orquestra virtual activada e dirixida por eles mesmos a través dunha cámara, robots danzantes, etc
Lab II centrouse nos labirintos, aprender a programar un videoxogo cun mando e construír unha caixa Screwball que supuxo grandes retos para o grupo. E, como non, todos os grupos tiveron a súa actividade STEAM de Samaín, coa que nos rimos moito. Estes novos enxeñeiros demostraron ter moita creatividade e enxeño, estamos seguros de que será un curso moi produtivo no que todos imos divertirnos e aprender moito.
Aínda non participas en ExeñoLabs? E ti, a que esperas!!

Comparte en redes!

Contacta ahora

Deja un comentario