Febreiro foi un mes de avances, evolución, crecemento… Os nosos pequenos enxeñeiros resolven retos cada vez máis complicados e mesmo son capaces de propoñer temas realmente interesantes e problemas dignos de investigación.

Os máis pequenos traballaron sobre as diferentes formas de crear arte, dende un robot de pintura capaz de realizar varios deseños, ata dar vida a un debuxo en 3D a través da dixitalización e a programación. Non só se divertiron moito senón que tamén o fixeron moi ben.

Os nosos enxeñeiros centreime en mirar cara a fóra, en tomar conciencia de todo o que pasa ao seu redor, se durante o mes de xaneiro estiveron inmersos en numerosos mundos dixitais, este febreiro volveron á realidade… e descubriron moitas cousas! Traballamos sobre as plantas da nosa contorna creando unha aplicación capaz de recoñecelas e dar información sobre elas e investigamos oecosistema mariño creando un cómic/película de animación.

O colectivo de persoas maiores segue coa súa cidade intelixente, centráronse nosvehículos, estradas e radares. Non foi doado pero superaron todos os retos e moito máis. Son un grupo fantástico!

Agora só nos queda preguntarnos con que nos seguirán sorprendendo… xa cho contamos!

Comparte en redes!

Contacta ahora

Deja un comentario