Durante o mes de xaneiro en ExeñoLabs By Dismedia mergullámonos en infinitos mundos virtuais, o que nos permitiu crear un sinfín de personaxes, lugares e proxectos de realidade virtual e aumentada. Os nosos nenos e nenas comezaron a estudar o metaverso, as dimensións e o deseño creativo dos mundos virtuais, xa que para a imaxinación do noso alumnado, son xeniais!

Os nosos maiores comezaron a adestrar as súas habilidades para resolver problemas, con diferentes retos de STEAM para construír e programar elementos para unha cidade intelixente. Serán capaces de construír a súa cidade? Estamos seguros de que si, contámosche o proceso. Ademais, continuaron co deseño en 3D e comezaron a programar videoxogos. Sen dúbida, este grupo ven moi forte despois das vacacións.

Os máis pequenos investigaron os animais e aprenderon moito sobre eles, ademais de superar todos os retos tecnolóxicos que lles propuxemos. Estes pequenos artistas crearon unha granxa de animais con Makey Makey e plastilina conductora para modelar, e construíron e programaron as súas propias mascotas de Lego.

Coma sempre, pasámolo moi ben.

 

 

 

 

Comparte en redes!

Contacta ahora

Deja un comentario