Augusta Ada Byron, Condesa de Lovelace (1815 – 1852) foi a primeira programadora, escribiu o primeiro algoritmo para unha máquina deseñada polo matemático Charles Babbage, descubrindo así a capacidade de cálculo que posuiría un ordenador no futuro.

Con ela e sen esquecer a outras mulleres importantes da historia da ciencia como Marie Curie, Emmy Noether, Barbara McClintock, etc. hoxe celebramos o día internacional da muller e a nena na ciencia declarado pola Asemblea das Nacións Unidas dende 2016. Dende Dismedia compartimos que é importante para o desenvolvemento económico e social do mundo que as mulleres e as nenas formen parte da ciencia non só como beneficiarias, senón tamén como axentes de cambio.

Por iso un dos principais obxectivos da nosa empresa é o desenvolvemento de actividades, obradoiros e eventos para a mocidade nos que achegalos á ciencia e á tecnoloxía, especialmente ás mozas.

É importante que cada quen no seu día a día promova accións que nos axuden a acadar este obxectivo, as mulleres e as nenas teñan información e ideas valiosas para aportar neste campo e estamos ansiosos por escoitalas.

Comparte en redes!

Contacta ahora

Leave A Comment